A valoración grupal que temos sobre Blogger é que, ademáis de ser unha grandisima ferramenta de comunicación e de acumulación de información, parécenos interesante a utilidade que pode ter para publicar as actividades no día a día das aulas.
A visión que temos, sería similar a como recolle a documentación Reggio Emilia, pero dun xeito máis tecnolóxico, onde as familias e os nenos e nenas poidan acceder e ter os seus recordos da escola para toda a vida, almacenados nunha gran nube de información.
A nosa puntuación para esta práctica é dun 9, xa que consideramos que traballamos moi ben en equipo e non tivemos case problemas para realizar a práctica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario